Código de Conduta

Propósito

esLibre cree nunha comunidade aberta a todo o mundo. Como tal, comprometémonos a fornecer un entorno amigable, seguro e acolledor para todas as persoas independentemente do seu xénero, sexo, orientación sexual, capacidades/necesidades específicas, etnia ou lugar de nacemento, relixión (incluso sistema operativo preferido ou linguaxe de programación e editor de texto!).

Buscamos persoas que queiran falar de cultura libre con empatía.

Este código de conduta pretende amosar a nosa disposición para crear un entorno seguro e distender no evento, comprometendo as persoas participantes, voluntarias e relatoras a ser responsables e respectuosas.

Crear comunidade

Un obxectivo adicional deste código de conduta é crear unha comunidade sa arredor da cultura libre afoutando aos participantes a recoñecer e fortalecer as relacións entre o que facemos e a comunidade en xeral.

Para cumprir isto, os organizadores de esLibre recollerán candidaturas de persoas exemplares ao longo de todo o evento e, após o congreso, publicaráse un recoñecemento público no sitio web.

Se ves que alguén que está a facer un esforzo extra para asegurar que a nosa comunidade resulte acolledora, amable, e que anime a todos os participantes a colaborar na maior medida posible, querémolo saber.

Podes nomear a quen desexes comentándo con calquera membro da organización durante todo o congreso.

Grazas por…

Por favor, avisa se es testemuña de calquera dos seguintes comportamentos:

A organización do evento resérvase o dereito de ampliar esta lista co fin de protexer ás persoas que participan e asisten ao congreso.

A organización esLibre tómase moi en serio esta cuestión e adoptará as seguintes medidas se é necesario:

Que facer se es testemuña ou obxecto dun comportamento inaceptable?

Se estás implicado nun comportamento inaceptable, presencias que outra persoa participa en tal comportamento ou tes outras dúbidas, avisa á organización do evento o máis axiña posible.

Tanto nas edicións físicas como nos espazos virtuais, ademais das persoas identificadas como parte da administración en cada sala, terás un punto dentro do recinto ao que acudir se tes algún problema.

Tamén podes escribirnos a conducta@eslib.re ou comunicarnos calquera problema a través da canle de conversa que se activará durante o congreso con este mesmo obxectivo. Toda denuncia que se reciba será eliminada unha vez rematado o congreso para garantir a seguridade e anonimato das mesmas.

Lembra: o equipo de esLibre estará dispoñible para axudar a quen participe no congreso como contacto de seguridade local ou para ofrecer calquera tipo de axuda a aqueles que experimenten un comportamento inaceptable.

Grazas por axudarnos a crear un entorno seguro!

Agardamos que o evento saia moi ben, mais se acontece algo estaremos alí para xestionalo rapidamente. Queremos crear unha comunidade aberta e saudable, polo que necesitamos a túa axuda para iso: gozar do evento, compartir e aprender; dende a organización procuraremos que todos se sintan cómodos.

Información de contacto

Se te atopas na necesidade de contactar connosco, podes facelo a través de calquera dos seguintes medios en calquera intre: