Envío de propostas para esLibre 2026

Coñeces a alguén que podería querer falar no congreso? Envíalle esta páxina a quen queiras, agradecerémoscho se nos axudas a chegar a máis xente.

esLibre é unha xuntanza de persoas interesadas na divulgación da cultura libre e as tecnoloxías libres, tanto na forma de software libre como na forma de hardware libre, así como das comunidades que fan isto posible. A próxima edición será tamén presencial (aínda que haberá opción de seguila online) os días venres 17 e sábado 18 de abril, sendo nesta ocasión anfitrioas as comunidades de Melisa e GALPon.

Nese sentido, tentamos manter un evento anual onde todo o mundo está convidado a participar, o único que precisa e ter algo que dicir sobre o mundo das tecnoloxías ou da cultura libres. Interésannos persoas de tódalas idades, experiencias e perfís xa sexan técnicas ou usuarias. Desexamos escoitar e aprender de todas elas e o noso obxectivo principal é chegar a comunidades de todo tipo.

Temática

Software libre, hardware libre e cultura libre son a temática central de esLibre, mais o que realmente queremos é conseguir un evento onde atopemos tanto actividades técnicas como outras dun nivel máis divulgativo, ou mesmo que dean pé a debates para compartir diferentes olladas sobre aspectos do mundo do coñecemento libre. Isto pode comprender comentarios sobre licenzas de publicación, aplicacións e desenvolvemento de diversas tecnoloxías, intereses e inquedanzas que queiran as presentar diferentes comunidades, ou a exploración e divulgación da arte e das humanidades.

En liñas xerais, temas relacionados directamente con obras (software, hardware, cultura, etc.) que se distribúan con licenzas libres. Aínda que non ten que ser algo estritamente tecnolóxico, toda proposta que se incline máis ao ámbito máis puramente divulgativo, mais que se entenda que cumpran a definición de obra cultural libre tamén encaixaría perfectamente. Tes algo no maxín? Anímate!

Aínda que moito software libre (e en xeral obras libres) distribúense comercialmente sen que isto presente problema ningún, queremos manter esLibre como un foro neutro con respecto aos intereses comerciais e outras temáticas que consideremos «nocivas». En xeral, non se aceptarán relatorios ou palestras, obradoiros nin ningún outro tipo de actividade que promovan especificamente unha oferta comercial ou temáticas relacionadas con criptomoedas.

Tipos de propostas

Hay varios tipos de actividades que podes propor (mais non só):

Interésame impartir un relatorio, mais... cómo?

Non impartiches nunca un relatorio mais queres estrearte? Neste evento encantaríanos acompañarte nesa aventura. Somos conscientes de que impartir un relatorio pode ser un reto importante e por iso queremos darche unha serie de pautas que che axuden a expoñer aquí (ou onde sexa). Deixámosche unha lista de recursos para facer exposicións sen empregar un «powerpoint» (🙃): Markdown, LaTeX, Marp, Pandoc

De novo, todo isto son suxestións. Crea a túa presentación como queiras e se necesitas máis guía e axuda non dubides en preguntar por ela á organización. Para inspirarte, deixámosche unha lista de relatorios en liña que podes ver agora mesmo:

Aí fora hay un feixe de proxectos interesantes libres nos que participar, ou empregar. Podes comezar por buscar un sistema operativo libre que sexa coherente coa túa personalidade, ler algúns [proxectos de desenvolvemento web nun blog libre(https://dev.to/ben/devto-is-now-open-source-5n1)] ou de metasoftware-libre neste outro. Tamén podes explorar as diferentes redes sociais libres do Fediverso como Mastodon. Dá unha volta por estes proxectos e se che gustan, ven ao evento para coñecer moitos máis.

O noso compromiso pola diversidade

A organización comprométese a crear un ambiente seguro, non tóxico e diverso, polo que encantaríanos dar voz a relatores das varias comunidades minoritarias que fagan uso ou desenvolvan software, hardware ou cultura libre. Somos conscientes de que hai moitas persoas que usan e crean tecnoloxías libre e apoian activamente a divulgación da cultura libre, e moitas veces non son escoitadas, queremos cambiar iso: ofrecemos o noso micrófono e espazo para que se fale desde estas comunidades.

Desde a organización queremos aprender e crear pontes, para que a tecnoloxía sexa (ao fin) unha ferramenta de apoio e colaboración: buscamos un futuro colaborativo, multidisciplinar e libre.

Buscamos tamén que as diferentes comunidades nos fagan saber o que queiran contar desde o desenvolvemento ou a experiencia usando software libre, por iso tamén gustaríanos coñecer iniciativas nesta liña de acción que poderían propor desde o equipo de organización local.
Algunhas das liñas nas que traballamos desde a organización xeral:

Grazas aos patrocinios de que dispoñemos actualmente (e que seguimos tentando aumentar), nesta edición de esLibre poderemos ofrecer algúns paquetes de axuda financeira para custear o desprazamento e/ou o aloxamento de persoas pertencentes a grupos ou colectividades que consideramos prioritarios co obxectivo de facilitar a súa participación, polo que queremos destinalas a mulleres e en xeral a persoas de xéneros infrarrepresentados en esLibre, así como a persoas en situación de discapacidade, neurodiverxentes e/ou neurodiversas e outras situacións semellantes, así como a persoas en situación de precariedade económica.

Se pertences a algúns deses colectivos e queres mandar unha proposta, podes facer a solicitude de axuda desde o propio formulario de envío de propostas.

Datas

O límite de todas as datas son ás 23:59 hora en Madrid (CET).

INFO: As propostas aceptadas ao rematar os correspondentes períodos de envío de propostas, publicaranse nesta página.

Cómo enviar a túa proposta

O envío de propostas está aberta a todo o mundo, todas as propostas recibidas poderán seguirse en todo momento para garantir transparencia e comentarios, poderanse enviar mediante los formularios que atoparás nas seguintes ligazóns:

Todas as propostas para esLibre que se envíen mediante estes formularios quedan rexistradas no noso repositorio de propostas. Se for preciso clarexar calquera cuestión ou facer algunha suxestión, farase tamén nes mesmo lugar, polo que non o perdas de vista. En calquera caso, unha vez que rexistres a túa proposta mediante o formulario, Chegarache un correo electrónico coa información da participación rexistrada e a ligazón directo á túa proposta dentro do repositorio.

Se tes problemas de calquera tipo ou calquera dúbida, podes escribirnos a propuestas@eslib.re.

ANÍMATE A PARTICIPAR!

👏👏👏