esLibre Edición 2026
Páxina con información que irá actualizandose adoito.
esLibre é un encontro de persoas interesadas na divulgación da cultura libre e as tecnoloxías libres.
A cultura libre é unha corrente de pensamento que promove a liberdade na distribución e modificación de traballos creativos baseándose no principio do contido libre para distribuír ou modificar traballos e obras creativas, usando Internet así como outros medios. É un movemento que se contrapón ás medidas restritivas dos dereitos de autor, que varios membros do movemento alegan que tamén obstaculizan a creatividade.
A cultura libre está conformada por catro correntes de pensamento: O dominio público, o Copyleft,as Licenzas Creative Commons e o software libre. As obras en dominio público poden utilizar tamén formatos libres.
Hoxe en día, a expresión é sinónimo de moitos outros movementos, incluíndo o hacker ou o movemento copyleft, entre moitos outros.
Polo de agora isto é unha primeira aproximación a todo o que traerá esta edición, na que contamos coa colaboración do Concello de Melide, Librebit, Aitire e do Museo da terra de Melide. Agardamos ir engadindo aquí máis empresas e entidades colaboradoras.
Como todos os anos, devagar iremos incorporando detalles co obxectivo de dar máis facilidades á participación e asistencia a esta nova edición.
Sobre o congreso
Seguiráse o mesmo formato que en años anteriores: relatorios, obradoiros, mesas de comunidades e exposicións, salas organizadas por comunidades… contando co apoio de colaboradores como Interferencias, LibreLabGRX, OfiLibre de la URJC ou Wikimedia España, que axudarán na organización e sumarán esforzos na realización desta edición en formato híbrido presencial/virtual.
O envío de propostas está oficialmente aberto nunha primeira fase ata o 25 de decembro deste ano en curso (2025) e unha segunda fase ata o 10 de xaneiro, xa de 2026, así que podes informarte sobre cómo propor actividades para o congreso na páxina de envío de propostas.
Como chegar
Dende fora de Melide, tanto se chegamos dende Galicia coma dende calquera outro punto de estado, poderemos chegar á estación de tren (Adif/Renfe) de Santiago, chamada «Estación Daniel Castelao». Esta estación está na «Estación Intermodal» xunto coa estación de autobuses, onde poderemos tomar o autobús que nos vai levar ao noso destino. Para iso, ao saír dende o tren, dende a plataforma, subiremos á pasarela, aí colleremos cara a esquerda e iremos á estación de buses.
O «bus» dende Santiago ata Melide, neste momento, xa que estamos agardando que se inaugure a autovía, leva sobre unha hora e sae ás 7:00, 9:00, 11:00, 12:45, 15:15, 16:00, 18:30 e 20:000 horas. Buscador empresa Monbus Buscar por orixe «Santiago de Compostela (estación intermodal)» ou «Lavacolla de Santiago» e destino «Melide».
Temos previsto, se é preciso polos horarios de chegada, dispor nós un autobus directo exclusivo, sempre que haxa propostas/solicitudes.
Se chegamos en avión ao aeroporto «Lavacolla-Rosalía de Castro», teremos que saber que eses mesmos autobuses pasan polo aeroporto, con parada xusto diante da terminal, apenas 9 minutos após, e que, se hai propostas/solicitudes, o fletado por nós pasará tamen polo aeroporto.
Chegar ao edificio do congreso
Unha vez na vila de Melide, é moi doado chegar ata onde imos facer a «festa», á Praza das Universidades (á beira do Parque Rosalía de Castro), na que se atopan os dous edificios que albergarán o noso congreso. O edificio do Centro Sociocultural Mingos de Pita, no que celebraremos os actos de apertura e peche e o Edificio Multiusos (no que se atopa a biblioteca Xosé Vazquez Pintor), un á beira do outro, polo que non ten perda.
Onde aloxarse
A Organización ten un acordo de colaboración cos seguintes establecementos de aloxamento. este acordo indica que todos os seus cuartos están reservados (ou teñen preferencia), ata o 31 de decembro de 2025, en exclusiva para as persoas asistentes ao Congreso esLibre. Nalgún caso hai descontos aplicados respecto aos prezos oficiais.
Nalgúns establecementos non teñen activadas as reservas para o ano 2026 a través da súa web, ou das plataformas máis coñecidas. Aconsellamos que se faga a reserva por teléfono indicando que se vai asistir ao congreso esLibre.
Que ninguén pense que os establecementos rexistrados como Pensión poden compararse coas pensións que coñecemos das grandes cidades. Neste caso unha P*** podería ser un bo hotel de dúas estrelas de calquera cidade (botádelle un ollo ás fotos das webs, son -normalmente- fiábeis).
Nome establecemento | *** | Teléfono | Correo-e | Enderezo | Web - Observacións |
---|---|---|---|---|---|
Hotel Lux | H*** | 981505417 | reservas[en]luxmelide.com | Rúa Cantón San Roque, 5 | https://luxmelide.net |
Pensión Berenguela | P** | 981505417 | reservas[en]pensionberenguela.com | Rúa San Roque, 2 | https://pensionberenguela.luxmelide.net |
Hospedaxe El Molino | P* | 981506048 | elmolinomelide[en]hotmail.com | Rosalía de Castro, 14 | - |
Hotel Xaneiro | H* | 981506140 | hotel[en]xaneiro.com | Avda. Habana, 43 | http://xaneiro.com |
Hotel Carlos 96 | H* | 981507633 | gestion[en]hc96.com | Avda. Lugo, 119 | https://hc96.com |
Pensión A Codeseira | P* | 981077725 | reservas[en] acodeseiramelide.com | Rúa Codeseira, 43 | https://acodeseiramelide.com |
Nota: ordenados segundo as nosas preferencias
Todos estes establecementos están referenciados no mapa, podedes facer zoom para ampliar a vista.
Se alguén o desexa, pode solicitarnos por correo un listado oficial con todos os establecementos hoteleiros, incluídas as VuT da zona.
Xantar do venres 17 e sábado 18
Segundo rematen as actividades da mañá (ás 13:30) dirixirémonos á chaira diante do edificio do congreso, onde colleremos un autobús con destino ao restaurante onde , como xa fixo en Vigo en 2022, convidaranos a xantar. Os mesmos autobuses levarannos de volta. Ver no mapa a icona de gota vermella con autobús.
Importante: os autobuses serán absolutamente puntuais na súa saída á 13:45, se os perdes é responsabilidade túa.
Lembrarvos de cubrir a folla ad hoc quen teñades necesidades especiais ou algunha escolla particular (p. ex., celíacos, vexetalistas, …).
Os almorzos e ceas corren da vosa conta, no mapa tendes indicados os lugares recomendados (vexetalistas e vexetarianos ollade as iconas verdes de restaurante)
Se tes calquera dúbida, non teñas reparos en escribirnos a hola@eslibre.gal.