Servizo de coidado infantil

Axuda para conciliación na responsabilidade de coidados.

Como elemento para conseguir un evento máis accesible e inclusivo, queremos facilitar a participación de persoas que teñan responsabilidades de coidados, algo que aínda que pode ser unha barreira para a asistencia e envío de propostas tanto para homes como para mulleres, a responsabilidade a miúdo recae en gran medida nas mulleres.

Dado que na biblioteca (no mesmo entorno do evento) hai un espazo «infantil», pretendemos ter un servizo de custodia e atención (non é exactamente unha gardería) para que as persoas con responsabilidades infantís poidan deixar ás crianzas baixo a custodia de persoal especializado que tamén se ocupará do seu entretemento.

Seguimos tentando artellar algún tipo de actividade para xentiña máis moza, como poden ser obradoiros de programación/robótica infantil.

0/150
0/150
0/150