Aquí estamos doutra volta!
Após un necesario ano sabático por parte das persoas que desenvolven ao longo do ano todas as actividades necesarias, retomamos a edición correspondente ao ano 2026 da man da Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide MELISA e do Grupo de Amigos de GNU/Linux de Pontevedra GALPon.
Desta volta teremos que desprazarnos cara a Melide unha vila de algo máis de 8.000 habitantes onde se xuntan o camiño primitivo e o camiño francés cara a Santiago, na provincia de A Coruña e a 53km de Santiago
Os distintos eventos desenvolveranse nos espacios socio culturais cedidos polo Concello de Melide concretamente no Centro Sociocultural Mingos de Pita e no Edificio Multiusos situados xusto un á beira do outro na mesma Praza das Universidades.
Lembrade que tedes que inscribirvos no congreso; se non o facedes, non poderedes acceder ás actividades
colectivas, entre elas as dúas comidas que
convida a todos os asistentes. Estas comidas son unha excelente oportunidade para compartir, charlar e fortalecer a nosa comunidade.
Poden xurdir máis eventos nos que sexa necesaria unha inscrición concreta; fixádevos en cada actividade para comprobar se esixe unha inscrición específica. Tamén hai actividades (talleres para nenos, coidados, etc.) que requiren un rexistro particular, xa que, se non hai solicitudes suficientes, é posible que non se realicen.
As inscricións habilitaranse proximamente no portal de mobilizon.
Vémonos en breve!!!