Axuda para a responsabilidade de coidados
Tamén como parte de conseguir un evento máis accesible e inclusivo, queremos facilitar a participación de persoas que teñan responsabilidades de coidados, algo que aínda que pode ser unha barreira para a asistencia e envío de propostas tanto para homes como para mulleres, a responsabilidade a miúdo recae en gran medida nas mulleres.
Neste momento podemos informar que disporemos, no entorno do MARCO, dun servizo de custodia (non é exactamente unha gardería) para que os responsábeis de criaturas poidan deixalas baixo a custodia de persoal especializado que se ocupará tamén do seu entretemento.
Seguimos tentando artellar algún tipo de actividade para xentiña máis moza, como poden ser obradoiros de programación/robótica infantil.